
Unha experiencia máis neste atípico final de curso
Non temos escusa para non coñecer Galicia
O alumnado de Lingua galega e Literatura de 1.º ESO estivo traballando, nas últimas semanas de curso, cun proxecto para promocionar Galicia. Que mellor guía para coñecer Galicia que a propia experiencia!
Cada grupo tiña distinta temática (rutas de sendeirismo, patrimonio histórico, patrimonio natural e festividades ou tradicións). Eles e elas elixían o tema que lles interesaba e, por uns días, convertéronse en lingüístas, editores, deseñadores…
O traballo conxunto dos catro grupos poderiámolo considerar a Guía e cada alumno e alumna tiña que autoeditar o seu libro para que ese capítulo pasase a formar parte do proxecto grupal. Tiveron dez sesións de clase para elaborar o traballo. O resultado é moi satisfactorio porque sempre nos sorprenden: conseguiron ilusionarse, crear certa competitividade para acertar co deseño máis orixinal e non esqueceron a cooperación.
Os traballos mellor valorados corresponden a:
1. Paula Fernández Pérez autora do libro A Queimada.
2. Aarón Bello Rey autor do libro O Samaín.
3. Carolina Castro Aneiros autora do libro A praia das Catedrais.
4. Antón Navaza Rodríguez autor do libro O canón do Sil.
5. Adrián Matos Ramírez autor do libro Ruta do río Pequeño.





O alumnado de 2.º ESO tamén colaborou nesta guía para que ninguén poida perder os marabillosos recunchos, festas e tradicións galegas. Convertéronse en bloqueiros e blogueiras e durante oito sesións de clase tiñan que ir dando entradas ao seu blog para promocionar Galicia. Eles e elas tamén pudieron elixir o tema e darlle renda solta á súa imaxinación.
Os resultados son sorprendentes e os blogs mellor valorados correspondes aos blogueiros e blogueiras:
1. Alicia Ye Lin por Un paraíso terrenal.
2. Xiana Caamaño López por Unha terra festeira.
3. Raquel Ferrer Pérez por Galicia calidade.
4. Uxía López del Castillo Cuba por O faro que debuxa o camiño.




Dpto. de Lingua galega e Literatura