Tres premios extraordinarios en tres cursos consecutivos
O sábado 21 de decembro, no Museo da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, terá lugar o acto de entrega de diplomas de Premios Extraordinarios de Bacharelato, cos que se pretende recoñecer e valorar públicamente os méritos excepcionais basados no esforzó e o traballo do alumnado que cursou a dita etapa educativa cun excelente resultado académico na Comunidade Autónoma de Galicia.
Cada ano concédense unicamente 20 distincións. Para poder optar, deben cumprir varios requisitos e presentarse a unha proba estructurada en dúas partes. Unha primeira parte consiste en facer unha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario (empregando tanto Lingua Galega como Lingua Castelá). Na segunda parte da proba deben desenvolver temas, responder a cuestións e/ou exercicios prácticos da materia de modalidade cursada polo estudante.
A este acto asistirá Patricia Bao Vázquez, quen vai ser galardoada cun destes premios. Patricia foi alumna do colexio dende o curso escolar 2009-2010 ata o pasado 2023-2024. Ao longo destes quince anos puido demostrar todas as cualidades que se recoñecen no premio que se lle concede. No noso centro, todos os que nalgún momento foros docentes seus gardan moi bos recordos dela e alégranse de que reciba este merecido recoñecemento.
En cursos anteriores, tamén contamos con estudantes galardoados con ese mesmo premio. Aproveitamos a ocasión para felicitar conxuntamente a Patricia Bao Vázquez (Premio Extraordinario Bachillerato 2024); Manuel Alamancos Balboa (Premio Extraordinario Bachillerato 2023) e María Pérez Moreta (Premio Extraordinario Bachillerato 2022).