Resultado moi satisfactorio na Olimpíada de Filosofía
O pasado venres 15 de marzo participamos na Olimpíada Filosófica na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. Nesta, habían varias modalidades, como a disertación, fotografía e curtametraxe. Todas estas trataban o tema “Que é o ocio?”, explicado filosoficamente, para mais tarde presentalo presencialmente.
No noso caso, participamos no apartado da curtametraxe, quedando seleccionados entre os mellores 4 de Galiza. Despois, tivemos que preparar unha defensa para presentala na Facultade de Filosofía e que sería valorada para escoller ao gañador. Finalmente, quedamos 4º de Galiza que, aínda que nos esperabamos máis, estamos satisfeitos co resultado.
Ao principio non tiñamos intención de facer a curtametraxe por descoñecemento da materia. Porén, despois, o noso compañeiro Xosé Rey deu o primeiro paso e convenceunos para que nos reunimos para facelo. Por iso, despois de investigar máis o tema, reunímonos para discutir a idea da curtametraxe.
Entre elas, podemos destacar unha que consistiu en ter un debate sobre o lecer nun bar, explicando os nosos puntos de vista sobre o tema. Porén, acabamos descartando a idea por falta de orixinalidade e por ser demasiado sinxelo. Finalmente, seguindo co tema do debate, decidimos crear unha curtametraxe onde un grupo de amigos reuníase para comentar un proxecto de filosofía, pero por algunhas circunstancias desvíanse do tema e comezan a criticar o concepto de ocio dos outros.
Para realizar a curtametraxe, buscamos primeiro os escenarios nos que se desenvolve a curtametraxe. Consideramos que o escenario é o máis importante á hora de facer un vídeo, xa que cada unha delas representa unha situación e unha temática diferente. Por exemplo, para reflectir o lecer relacionado co exercicio, utilizamos configuracións como un parque ou o ximnasio. Despois de determinar os escenarios, necesitamos os materiais; non obstante, estes foron fáciles de conseguir, xa que preto de onde gravamos a curta vive o noso compañeiro Mario Rey e xa tiña a maioría, se non todas.
En definitiva, foi un proceso entretido de realizar co que quedamos satisfeitos. Aprendimos moitas cousas, non so do tema, se non da realización de vídeos, defensas, argumentos e cuestións filosóficas. Estamos moi agradecidos por esta oportunidade e non nos arrepentimos de aceptala.