
Os pitiños din… “ pío, pío, pío”
“A galiña busca o millo e o trigo
Dálles a comida e préstalles abrigo
Baixo as súas dúas ás, estanse quediños
E ata o outro día, dormen ben quentiños”
(CANCIÓN POPULAR)
Esta semana recibimos en Infantil a visita duns pitiños churrusqueiros que non teñen nin fame nin frío!
Raio, Pikachu, Noite e Messi, representan o resultado dun proxecto de coidado e nacemento desenvolvido na primeira etapa de Primaria. Recibimos as explicacións de como foi o proceso e os coidados necesarios que os nenos e as nenas maiores tiveron que seguir para tan exitoso resultado.
A súa visita encheu as nosas aulas infantís de tenrura e de plumas para facernos máis conscientes e respectuosos cos animais que nos rodean.
SONIA FRANCO
Mestra de Educación Infantil


