
O CAMIÑO DA PAZ
O pasado venres 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Aínda que o acto xeral tivo que ser cancelado polo mal tempo, non quixemos deixar pasar esta data tan especial. Por iso, realizamos un pequeno xesto simbólico chamado “O Camiño da Paz”. Foi unha actividade sinxela pero moi significativa, onde os máis pequenos puideron expresar sentimentos, compartir e entender que a paz comeza en cada un de nós.






