Modelo de Parlamento Europeo
O pasado mércores 16 de outubro os alumnos de 1º de Bacharelato participaron na fase escolar do Modelo de Parlamento Europeo, presidida polos seus compañeiro de 2.º de Bacharelato. Os alumnos, convertidos en parlamentarios por un día, interviñeron tanto nas xuntas de comisión e delegacións da mañá como na Asamblea Xeral da tarde, dando por finalizada a xornada cun excelente resultado.
Ese mesmo xoves, anunciáronse os seleccionados para a fase autonómica de Galicia, Asturias e Cantabria, a cal terá lugar os días 8 e 9 de novembro. Os resultados foron os seguintes: da comisión 1, Darío Gallardo e Manuel Aboal; da comisión 2, David López e María Pardo; da comisión 3, Alicia Carrera e Pedro Fernandes; finalmente, da comisión 4, Carla Fernández e Manuel Folgar.
Parabéns a todos os delegados polo seu arduo esforzo e felicidades aos seleccionados para esta fase autonómica. Desexámoslles moita sorte, sigan traballando así de ben e estaremos orgullosos de todo o que consigan nesta esperada nova fase.