
MAKER
No Contorno INTERNIVEL MAKER desenvólvense o traballo da robótica educativa (pensamento computacional) e o desenvolvemento de estruturas e montaxe de enxeñería (Espazo de construción)
Os obxectivos de aprendizaxe que se traballarán no espazo de Robótica son:
• Iniciarse no pensamento computacional, primeiro con actividades fóra de liña, ou desenchufado, e máis tarde co uso de linguaxes de programación.
• Favorecer os procesos de verbalización de instrucións e algoritmos sinxelos.
• Apoiar contidos da etapa de Educación Infantil, facendo especial fincapé nos contidos de matemáticas e ciencias.





Os obxectivos de aprendizaxe que se traballarán no espazo Construción son:
• Construír libremente, en grupo ou individualmente, fomentando novas relacións de colaboración e favorecendo a proximidade entre elas.
• Formular hipóteses sobre a montaxe e desenvolvemento na construción de estruturas (equilibrio, base…).
• Dar sentido ás construcións mediante o xogo simbólico.




PURI GONZÁLEZ
Mestra de Educación Infantil