
La Salle Santiago está de aniversario!
Hoxe, o noso colexio cumple 72 anos!
Tal día coma hoxe, hai 72 anos, comezaba a andaina do Colexio La Salle en Compostela, no número 22 da rúa de San Roque.
Catro irmáns lasalianos —Antonio Murillo, Isidoro Arnáiz, Manuel Colina e Juan Santamaría— chegaron cheos de ilusión para recibir aos primeiros 103 alumnos, repartidos en tres clases. Non faltaron as dificultades, pero a confianza das familias, o esforzo dos mestres e as gañas de aprender dos rapaces fixeron posible que a semente prendera.
En 1954, coincidindo co Ano Santo, avanzaron as obras do novo edificio, que pronto acolleu máis alumnos e un internado con 41 rapaces. Ao ano seguinte, a comunidade xa contaba con 11 irmáns. Co tempo, foron sumándose mestres segrares, indispensables para soster o crecemento do colexio. Uns e outros compartiron misión e compromiso, transmitindo o espírito lasaliano xeración tras xeración.
Hoxe, máis de sete décadas despois, La Salle segue a ser unha gran familia onde alumnado, profesorado e irmáns permanecen unidos. Á beira da rúa San Roque, aquela pequena semente é hoxe unha árbore frondosa que continúa ofrecendo educación integral e esperanza a Santiago e a Galicia.
Por moitos anos máis de misión educativa!
