
Inauguración do Museo Leonardo Da Vinci
Este luns, en Educación Infantil do colexio La Salle Santiago, inaugurouse o museo Leonardo da Vinci. As familias puideron ver a exposición das marabillosas obras de arte destes grandes artistas que albergan as nosas aulas.
E non cabe dúbida de que a estes pequenos grandes artistas non lles faltan ilusión e gañas de amosar ás súas familias as grandes creacións que se fixeron ao longo deste magnífico proxecto.
PROFESORA PURI GONZÁLEZ
Mestra de Educaciónn Infantil






