
Imos ao supermercado!
Esta semana, as nenas e nenos de 3º de primaria puideron gozar dunha marabillosa saída ao supermercado Gadis.
Xa se está convertendo en tradición, e é que esta visita especial do noso alumnado ao supermercado parécenos do máis produtiva. O obxectivo foi aprender a facer unha compra intelixente, tendo en conta aspectos como a orixe dos alimentos, a pegada de carbono que deixan, ou o que supoñen os distintos envases que se utilizan.
Resulta unha gran oportunidade para volvernos máis conscientes da gran importancia das nosas pequenas accións diarias para o coidado do noso planeta.
Moitas grazas pola oportunidade!





