
Imos ao laboratorio do colexio!
Esta semana, o alumnado de 3º de primaria tivo unha marabillosa experiencia no laboratorio do colexio.
Acompañados e guiados polos estudantes de bacharelato estiveron realizando a disección dunha flor, e observando as diferentes partes coas lupas que alí temos. Unha gran forma de ver e interiorizar todos os conceptos que están traballando nos seminarios de ciencias naturais.
Unha vez máis, puidemos comprobar o enriquecedora que resulta esta experiencia. Os maiores deben preparar a práctica, coa axuda do seu profesor, e saber transmitir e guiar aos máis pequenos durante a actividade. Para as nenas e nenos de 3º sempre resulta emocionante que os alumnos e alumnas máis veteranos do colexio compartan tempo e coñecementos con eles.
Agradecemos ao profesor Gustavo a súa dispoñibilidade e bo facer na organización desta práctica!


















