
Educación vial para o noso alumnado
A semana pasada, o alumnado de 6º acudiu a Amio onde tivo lugar unha xornada do máis interesante.
Un ano máis, as nenas e nenos de 6º de primaria do noso colexio puideron gozar dunha xornada de educación vial do máis proveitosa. Acudimos a Amio para recibir una formación teórica sobre a correcta maneira de actuar na rúa e na estrada coma peóns e coma usuarios de bicicletas, monopatíns, patinetes, entre outros medios.
Despois tiveron a ocasión de poñer toda a información en práctica nun circuíto que representaba as rúas polas que adoitamos estar, con pasos de peóns, semáforos, rotondas e todo tipo de sinais tanto verticais coma horizontais.
Regresamos ao colexio cheos de ledicia e con moitas ganas de repetir o próximo curso!
Moitas grazas pola experiencia!



