Xa está aquí de novo o inverno e nas aulas de infantil estamos a familiarizarnos con todo o vocabulario relacionado coa roupa que usamos nesta época do ano. Para iso realizamos multitude de xogos, cantamos cancións, lemos contos ou facemos …
O día 1 de febreiro todos os alumnos de Bacharelato participaron nos “Encontros na USC”. Esa mañá visitaron, acompañados dos seus profesores titores, as facultades do seu interese e recibiron charlas sobre as titulacións da súa preferencia. O día 2 …
O xoves 8 de febreiro tivo lugar a Olimpíada Filosófica de Galicia, á que os alumnos de 1bach e 4 eso seleccionados do noso colexio reuníronse na Facultade de Filosofía. O tema deste ano era o ocio, sobre o que …
Cociñeiro, bombeiros, nutricionista, psicoterapeuta, mecánico… 29 profesionais viñeron despexar as dúbidas dos nosos 120 alumnos de 4º ESO que puideron achegarse un pouco a 21 profesións. Moitas grazas a todos eles, pais, compañeiros, exalumnos e amigos de amigos que pagaron co seu tempo, preparación e …
A semana pasada o colexio encheuse de emocións. Seguindo as indicacións do Meco e, relacionado co proxecto da prehistoria no que estamos a traballar,cada día da semana tiñamos que vir ao cole cun complemento diferente, para rematar o xoves enchendo …
Grazas á participación de varias familias en infantil ao longo desta semana, adentrámonos un pouquiño máis no mundo da prehistoria. En 3 anos viaxamos á Prehistoria a través de Alicia, unha troglodita valente que soñaba con ser pintora de covas. Trátase da …
Queremos felicitar á nosa alumna de 3º de ESO Paula Fernández pola súa fantástica medalla de prata no Campionato de España de Cross, categoría sub-16, celebrado en Getafe o pasado 27 de xaneiro. Na súa categoría competiron máis de 100 …
O alumnado de sexto de primaria está traballando co quinto proxecto deste curso escolar, que xira en torno ás necesidades especiais das persoas. A semana pasada realizaron unha dinámica que os deixou entusiasmados: estiveron experimentando como é vivir cunha persoa …
O 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e a Paz! Despois dunha semana traballando e realizando dinámicas de sensibilización sobre a paz nas reflexións da mañá, chegou o gran día! Foi moi emocionante presenciar …
O pasado sábado 27 de xaneiro as comunidades lasalianas de Galicia e Portugal (Ferrol, Santiago, Parmenia, Braga, Barcelos e Maravilhas) tivemos o segundo encontro do curso da nosa zona comunitaria, que é a 13 no Distrito. Xuntámonos unhas 30 persoas …