Alejandra Neira campioa de España cadete por partida dobre
Entre o 4 e o 7 de xullo disputáronse en Avilés os campionatos de España de ciclismo en categorías escolares. Estes días celébranse as competicións nas distintas especialidades de ciclismo, tanto en roteiro como BTT, en contra reloxo ou en roteiro.
A nosa alumna de 4.º de ESO Alejandra Neira disputou as probas de Contra reloxo individual e a proba de ciclismo en roteiro os días 4 e 5 de xullo, resultando a vencedora das dúas probas.
En ambas as carreiras Alejandra tivo como rival máis competitiva á valisoletana Lida Castro á que na contra reloxo sacoulle 38 segundos e na proba en roteiro un.
Con Lida queda unha última batalla que será o próximo 13 de xullo en León, onde se xogan, na última proba, o liderado da copa de España cadete Cofidis de mulleres na que, neste momento, Alejandra é líder, pero a que entre por diante nesta última proba será a que ao fin leve a camiseta de campioa.
Felicidades Alejandra, non só pola tempada, senón tamén polo curso que fixeches. Moito ánimo e sorte na recta final da tempada para conseguir o triplete.
(Foto: Federación Galega de Ciclismo)