Achegándonos ás finanzas éticas
O 22 de marzo visitounos na clase de economía de 4.º de ESO Gonzalo Gesto, avogado experto en temas financieiros, para falarmos do concepto de economía ética.
Espertou o interese de todos os alumnos, mentres explicaba diferentes temas de total actualidade: razóns para pedir crédito, implicacións de acceder a un préstamo rápido e tamén analizou a ética bancaria hoxe en día, entre outros temas. Nomeou moitas iniciativas que están a funcionar, nas que os criterios éticos están por riba dos económicos. A sesión rematou coa resolución das dúbidas xurdidas.
Grazas por unha charla tan amena e interesesante, que nos aportou unha nova visión do mundo da economía e das súas aplicacións prácticas na vida cotiá. Definitivamente, terá que volver e afondar nestes interesantes temas!
Laura Ferrín