
ACHEGÁMONOS Á MÚSICA TRADICIONAL
No mes de marzo o mestre en prácticas Adrián, bo coñecedor da música tradicional do noso país, pasou polas aulas de cuarto de primaria para achegar ao alumnado algunhas curiosidades da música de tradición oral.
As nenas e nenos puideron coñecer algúns instrumentos populares e de fabricación artesanal: canas, axóuxeres con noces, pitos con bugallos, entre outros. Para rematar, dedicámoslle un bo anaco ao instrumento máis representativo da música galega: a gaita.
Agradecemos a Adrián a súa disposición e o seu bo facer, o alumnado mais o profesorado que tivo a sorte de estar presente nestes momentos, aprenderon moito e quedaron con ganas de repetir.
Vémonos pronto, mestre Adrián!




