
3, 2, 1… COMEZAN OS INTERNIVEIS!
E por fin, chegou o momento máis agardado do curso escolar: Comezamos os interniveis de Educación Infantil!
Despois de moitas semanas de ilusión, preparación, compromiso e entusiasmo por parte de todo o equipo, os nosos nenos e nenas comezan a compartir novas experiencias e descubrimentos nesta nova etapa.
Os interniveis son unha oportunidade marabillosa para que tanto pequenos como maiores traballen xuntos, colaboren e camiñen da man ante desafíos e adversidades. Os maiores asumen o papel de guiar e apoiar os máis pequenos; os máis pequenos aprenden observando e escoitando, e gañan confianza e seguridade ao sentirse apoiados. Durante as próximas semanas, os nenos poderán gozar dos diferentes interniveis e descubrir todas as novas propostas coas que contamos para o curso 2025-2026.
En resumo: ver as caras dos máis pequenos cada vez que coñecen novos compañeiros, descobren novas actividades e exploran novos lugares é un dos momentos máis especiais de todo o curso escolar.
APRENDER XUNTOS… SEMPRE É MELLOR!



