Letras Galegas 2021
O pasado venres, 28 de maio, os alumnos de 2.º ESO tiveron a oportunidade de lembrar a obra da polifacética Xela Arias. Acompañounos na celebración a escritora Andrea Maceiras, autora de Miña querida Sherezade, entre outras. Compartiu cos presentes reflexións moi interesantes centradas na importancia da lectura e da escrita sexa literaria ou non. As súas palabras de agarimo, entusiasmo e ilusión foron moi valoradas polo alumnado e profesorado. Reveloulles que ela estaba alí como convidada e como escritora, porque participara nun certame literario. Parte dos alumnos e alumnas presentes sabían do que falaba pois estaban expectativos e expectativas polo fallo do xurado.
Agradecemos a dispoñibilidade de Andrea Maceiras e o interese de Uxía Iglesias por aceptar con ilusión a proposta de realizar a presentación da filóloga, escritora e profesora. Asemade agradecemos a Alba Mei Abalo pola magnífica interpretación do poema “A reflexión” de Rosalía Fernández, mellor poema en galego do 2020.
A celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS non sería posible sen a palabra. Ela acada vida nos relatos ou versos presentados por 100 alumnos e alumnas que dedicaron tempo e esforzo para expresar as súas ideas a través da escrita literaria.
Os premiados nesta XXXVIII edición do Certame Literario foron:
Categoría A (1.º e 2.º ESO)
- Terceiro premio para o texto tituladoO faro dos segredos presentado por Xoaniña e escrito por Laura Fernández Sanmartín.
- Segundo premio para o texto titulado O cuarto coas preguntas e respostas presentado por Dagda e escrito por Raquel Gutiérrez López.
- Primeiro premio para o texto titulado O segredo do carpinteiro presentado baixo o pseudónimo Alan Brito, escrito por Uxía Iglesias Saco.
Categoría B (3.º e 4.º ESO)
- Terceiro premio para o texto titulado As agullas do reloxo, presentado baixo o pseudónimo de Ermitas, escrito por Aldara Buch Novo.
- Segundo premio para os poemas titulados Gris e Sempre escribín mal presentados baixo o pseudónimo Número 13 e escrito por Raquel Soto Sánchez.
- Primeiro premio para o texto titulado La presentado por Medusa e escrito por Inés Combo García.
Categoría C (1.º e 2.º Bach.)
- Terceiro premio para o texto titulado Xe o visitante ou Zan o extraterrestre creado por Grum, o Cempés e presentado por Rubén Gutiérrez López.
- Segundo premio para o texto que leva por título A escuridade da luz presentado baixo o pseudónimo Paradóxica escrito por María Gamás Pardal.
- Primeiro premio para o texto titulado Canción do Mar escrito baixo o pseudónimo Amap da autoría de Alba Mei Abalo Penas.
O xurado na XXXVIII edición acordou outorgar unha mención especial a Marcos Clemente Martínez polo deseño do cartel.
Agradecemos a colaboración da ANPA que, ano tras ano, patrocinan estes premios e elaboran os diplomas. Tamén queremos agradecer a Libraría Couceiro porque grazas a Pablo e María podemos ter ese terceiro premio en cadansúa categoría. GRAZAS!
MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA
Dpto. Lingua galega e Literatura