
La Salle coas Letras Galegas
O Departamento de Lingua Galega quere compartir con toda a comunidade educativa lasaliana a mensaxe de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado nesta edición do Día das Letras Galegas.
Por moi lonxe que estivese de Galicia, na súa andaina polo mundo, sempre levou a nosa terra na súa mente e no seu corazón. Fixo da súa experiencia vital un exercicio de galeguismo universalizador.
Esta creación recolle a esencia da súa obra e da súa biografía.
«Mil primaveras máis para a lingua galega.»