Educación Primaria
A Educación Primaria é unha etapa educativa que comprende seis cursos académicos, desde os seis aos doce anos. A finalidade desta etapa é proporcionar ferramentas de traballo fundamentais para consolidar as aprendizaxes instrumentais (expresión oral, lectura, escritura e cálculo) así como a adquisición de hábitos que posibiliten unha progresiva autonomía en función da súa idade.
Os nenos aprenden de todo aquilo que viven con intensidade. Por iso intentamos potenciar unha contorna sa e unhas metodoloxías activas que favorezan a aparición de actividades estimulantes, interactivas e manipulativas.
O noso proxecto educativo incide na educación en valores tales como a responsabilidade, a creatividade, a xustiza, a convivencia, a interioridade e a transcendencia. Nesta etapa, o alumnado desenvolve as capacidades de comunicación, pensamento lóxico e coñecemento da contorna social e natural, capacidades que se corresponden cos seus procesos evolutivos.
Pretendemos que a nosa oferta educativa sexa innovadora e integral. De aí a nosa aposta polos Programas La Salle e o Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA)
Os alumnos terán un papel máis activo na súa aprendizaxe. Terán que investigar, experimentar, cooperar con outros, expresarse por diferentes medios… en definitiva, aprender a ser competentes e creativos nun mundo que así o está esixindo.
Xuntos abordaremos todas as dimensións da persoa: emocional, cognitiva, corporal, social e espiritual. Esforzarémonos en superar a fragmentación do coñecemento que presentan as materias. Comprometerémonos cunha avaliación moito máis certeira e que ofreza unha información detallada do avance do alumno en todas as facetas da súa aprendizaxe (coñecementos, competencias, desenvolvemento persoal).
Estes programas desenvólvense ao longo de toda a escolaridade do noso alumnado, cunha implantación progresiva e adaptada ao seu nivel madurativo e estratexias de aprendizaxe, sistematizándose nas rutinas da aula e integrándose na metodoloxía diaria
Con eles intentamos adaptarnos aos cambios nas formas de pensar e aprender, creando novos ambientes de aprendizaxe a partir dos cales as persoas ven o mundo, comunícanse, comparten información e constrúen coñecemento, establecen novas relacións co tempo e o espazo e esixen novas formas de concibir a aprendizaxe.
A nosa oferta amplía o número de sesións impartidas en Lingua Estranxeira (Inglés), incluíndo as áreas de Natural Science, Arts and crafts e Physical Education (en 1.º, 3.º e 5.º) co recoñecemento de Colexio Plurilingüe concedido pola Xunta de Galicia.
Propoñemos situacións de aprendizaxe conectadas coa vida, para que os alumnos aprendan inglés desde un enfoque comunicativo. Utilizamos a metodoloxía AICLE (CLIL) que consiste en ensinar contidos e lingua á vez, dunha forma integrada, de maneira que se utiliza a lingua co obxectivo de aprender contidos. Para iso, ademais dos nosos profesores, contamos con auxiliares de conversación nativos, a través do noso convenio de colaboración con BEDA.
Somos pioneiros en España no uso sistemático deste software e de ferramentas que se adaptan en tempo real ao traballo individualizado do alumnado, garantindo a adquisición de contidos estruturais na área de Matemáticas.
O alumnado vive a aprendizaxe como unha experiencia lúdica a través de serious games, que se ven reforzados por ferramentas de supervisión tanto de profesorado como das propias familias. As dinámicas que se desenvolven na aula, baseadas nos principios da gamificación, premian a consecución de obxectivos do alumnado, así como da clase.
Desenvolvéronse procesos de validación da efectividade da proposta, garantindo melloras contrastadas de enriquecemento. Concretamente, o traballo dun trimestre escolar supón o equivalente a case dous cursos escolares respecto de metodoloxías tradicionais.
Servizo de madrugadores desde las 7:45 ata as 9:30. Almorzo opcional. Máis información en Programa madrugadores
Ludoteca: de 17:00-19:00. Ata 2.º de Primaria (incluído). Máis información en Ludoteca
Biblioteca: de 8:30-9:30 e de 17:00-19:00. A partir de 3.º de Primaria. Máis información en Biblioteca
Horario de clase semanal
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | |||||
9:30-10:30 | 9:30-10:20 | ||||||||
10:30-11:30 | 10:20-11:10 | ||||||||
11:30-12:00 | Recreo | 11:10-12:00 | |||||||
12:00-13:00 | 12:00-12:30 | Recreo | |||||||
Comedor | 12:30-13:15 | ||||||||
15:00-16:00 | 13:15-14:00 | ||||||||
16:00-17:00 | Comedor |
O horario nos meses de setembro e xuño é de 9:00 a 14:00 h.