
VISITANDO A FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
O pasado xoves 25 de xaneiro, os nenos e as nenas de Educación Infantil 4 e 5 anos, tivemos a sorte de ir visitar a Facultade de Xeografía e Historia da nosa cidade.
Coa axuda das profesoras desta facultade: Carme López Calderón, Ana Pérez Varela e Miriam Elena Cortés López, realizamos un percorrido e coñecendo as diversas marabillas que se gardan entre os seus muros.
Da man da profesora Carme López Calderón, tivemos a sorte de ver unha pequena exposición que teñen da prehistoria, con diversas pezas do Paleolítico, Neolítico e Idade de Metal. Foi fantástico para o noso proxecto da Prehistoria!
Coa profesora Miriam Elena Cortés López, visitamos a Biblioteca da facultade, subindo as magníficas escaleiras e vendo o claustro central co seu mecanismo para o reloxo.
Pero tampouco nos imos a esquecer do que a profesora Ana Pérez Varela mostrounos o Paraninfo, o salón onde se reúnen para grandes acontecementos, nel atópanse uns marabillosos frescos.
Moitas grazas á Facultade de Xeografía e Historia por recibirnos e darnos tan marabillosas explicacións.
Equipo Didáctico de Infantil






