Día das Letras Galegas
A profesora Teresa Iglesias elaborou unha presentación que contén unha creativa semblanza da autora Xela Arias, a quen homenaxeamos este ano nas LETRAS GALEGAS.
Xela Arias foi poineira durante a década dos oitenta na renovación do discurso literario galego. Reivindicou a súa condición de muller, procurou fuxir das etiquetas e fixo un grande traballo de tradución ao galego de importantes obras da literatura europea.
A poesía era para ela «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada».